7 abr 2011

ESTACIÓN CENTRAL DE BRASIL


Director: Walter Salles
Nos asfixiantes pasillos da Estación Central de Brasil de Río de Janeiro, unha antiga maestra gánase a vida escribindo as cartas que lle dictan as persoas analfabetas que chegan ata ela. Endurecida pola soedade, pola adversidade e polo fluxo diario de rostros desesperados que atravesan a Estación, Dora foi desenvolvendo unha estoica indiferenza con respecto á importancia da súa misión. Cando unha das súas clientas morre atropellada á saída da Estación, faise cargo do seu fillo orfo, Josué, e comprométese a levalo ata o seu pai, viaxando con el ata unha remota zona do nordeste de Brasil. A medida que os autobuses van adentrando á extrana parella nun terreno cada vez máis descoñecido van superando a súa mutua aversión inicial e achégandose cada vez máis o un ao outro para así, ao mesmo tempo, acercarse ao interior de si mesmos.
Oso de Ouro no Festival de Berlín 1998 e Premio do Público e da Xuventude no Festival de San Sebastián 1998.

3 feb 2011

EN BUSCA DEL FUEGO

Director: Jean-Jacques Annaud

Fai 80.000 anos a supervivencia do home nunha terra inexplorada e descoñecida dependía da posesión do lume, unha forma de combater o frío e escorrentar as feras. A tribu dos Ulam tíñano, sabían coidalo e usalo pero non eran quen de crealo, de xeito que preservalo era o seu grande desafío.
A tribu queda desprovista do lume e a existencia da mesma queda gravemente ameazada, necesitarán conseguir de novo a prezada chama e para iso sairán tres homes da tribu na súa busca...
César (1982) á Mellor película e Oscar ao mellor maquillaxe.

EL SEÑOR IBRAHIM Y LAS FLORES DEL CORÁN

Director: François Dupeyron
O señor Ibrahim e as flores do Corán trata da amizade que se entabla entre dúas soidades, unha que empeza a vivir e outra que se atopa ao final do percorrido. Entre un rapaz, Momo, que foi abandonado por un pai inepto, e un ancián, Ibrahim, que leva unha existencia triste e rutineira detrás do mostrador da súa tenda de comestibles. O rapaz é xudeo e o tendeiro, interpretado de forma exquisita polo galardonado Omar Sharif, musulmán. Pero as súas diferentes orixes non teñen ningunha importancia, o esencial é que son complementarios. O neno dalle ao señor Ibrahim unha última xustificación na súa vida, e o ancián infúndelle a Momo a confianza plena de sabedoría que necesita para o seu crecemento interior.
Premio ao mellor actor no Festival de Venecia (2003).
El señor Ibrahim y las flores del Corán en wikipedia.
Ficha técnica
Web oficial da película (en inglés)

16 dic 2010

EL LABERINTO DEL FAUNO

Director: Guillermo del Toro
“El laberinto del fauno” sitúanos no ano 1944 e conta a apasionante viaxe de Ofelia, unha nena de 13 anos que xunto a súa nai Carmen, convalecente a causa dun avanzado estado de xestación, se traslada ata unha pequena vila na que se encontra Vidal, un cruel capitán do exército franquista, novo marido de Carmen e polo que Ofelia non sinte ningún afecto. A misión de Vidal é acabar cos últimos vestixios da resistencia republicana, escondida nos montes da zona. Tamén aí se atopa o muíño onde Vidal ten o seu centro de operacións; nel agardan Mercedes, unha rapaza que está a cargo dos demais membros do servizo, e o doctor, que se fará cargo do delicado estado de saúde de Carmen.
Unha noite Ofelia descubre as ruínas dun laberinto, nel atópase cun fauno, unha extraña criatura que lle fai unha increíble revelación.
Obtivo 3 Oscar: á mellor direción artística, maquillaxe e mellor fotografía e 7 Goyas: á mellor fotografía, maquillaxe, efectos especiais, son, montaxe, actriz revelación e guión orixinal.

Ficha técnica

Páxina oficial da película

El laberinto del fauno en Wikipedia

Trailer

2 dic 2010

CHARLIE Y LA FÁBRICA DE CHOCOLATE

Dirección: Tim Burton
A maioría das noites no fogar dos Bucket, a cea é unha cunca de sopa de repolo augada que o xove Charlie comparte con moito gusto con súa nai, seu pai, os seus dous avós e as súas dúas avoas. A súa é unha vella casa diminuta, estartalada e con correntes de aire, pero está chea de amor. Todas as noites, o último que Charlie ve desde a súa ventá é a grande fábrica, e queda durmido soñando co que haberá dentro.Desde hai case quince anos, ninguén viu entrar ou saír da fábrica a un só traballador, e tampouco viron ao propio Willy Wonka, e sen embargo, misteriosamente, séguense elaborando grandes cantidades de chocolate que se envían a tendas de todo o mundo. Un día Willy Wonka fai un anuncio trascendental. Abrirá a súa famosa fábrica e revelará "todos os seus segredos e a súa maxia" a cinco afortunados nenos que atopen uns billetes dourados agochados no interior de cinco chocolatinas Wonka elexidas ao chou. Nada faría máis feliz á familia de Charlie que velo gañar, pero ten moi poucas posibilidades, xa que só se poden permitir mercar unha chocolatina ao ano, para o seu aniversario. Vanse divulgando en todo o mundo as novas sobre os nenos que atopan os billetes dourados e a esperanza de Charlie é cada vez máis débil. Pero entón ocorre algo marabilloso:Charlie atopa unha moeda na rúa cuberta de neve e vai á tenda más próxima para comprar una Delicia Wonka de Suculento Doce de Leite, pensando só na fame que ten e no rica que estará. Aí, baixo o envoltorio hai un escintileo dourado. É o último billete. ¡Charlie vai ir á fábrica!

26 nov 2010

CUENTA CONMIGO

Dirección: Rob Reiner
Nunha pequena vila de Oregon, catro amigos saen da cidade en busca dun mozo desaparecido. Desexando ser vistos como heroes ante eles mesmos e ante os ollos do pobo, emprenden unha inesquecible excursión de dous días que se converte nunha aventura incrible. Fuman ás agachadas, contan historias, soltan tacos porque lles gusta e fan causa común cando as cousas se poñen difíciles. Cando se atopan cos matóns do pobo, que armados de coitelos tamén buscan o corpo, os mozos descobren unha forza que nunca souberon que tiñan.
Unha entretida película de aventuras, bañada de nostalxia, que fai un certeiro retrato do difícil paso da nenez á adolescencia.
Baseada no relato autobiográfico "O corpo" de Stephen King

18 nov 2010

ALATRISTE

Dirección: Agustín Díaz Yañez
España Imperial, século XVII. Diego Alatriste, valeroso soldado ao servizo da súa maxestade, combate nunha guerra nas frías terras de Flandes. Nunha emboscada dos holandeses, Balboa, amigo e compañeiro de armas, cae ferido de morte. Alatriste escoita dos beizos do seu amigo unha última petición e promete cumprila: coidará do seu fillo Iñigo e afastaralle do oficio de soldado. O propio Alatriste, que malvive vendendo a súa espada, verase implicado nunha destas intrigas cando é contratado xunto a outro mercenario, o italiano Gualterio Malatesta, para dar morte a dous misteriosos personaxes que viaxan de incógnito a Madrid.