Director: Guillermo del Toro“El laberinto del fauno” sitúanos no ano 1944 e conta a apasionante viaxe de Ofelia, unha nena de 13 anos que xunto a súa nai Carmen, convalecente a causa dun avanzado estado de xestación, se traslada ata unha pequena vila na que se encontra Vidal, un cruel capitán do exército franquista, novo marido de Carmen e polo que Ofelia non sinte ningún afecto. A misión de Vidal é acabar cos últimos vestixios da resistencia republicana, escondida nos montes da zona. Tamén aí se atopa o muíño onde Vidal ten o seu centro de operacións; nel agardan Mercedes, unha rapaza que está a cargo dos demais membros do servizo, e o doctor, que se fará cargo do delicado estado de saúde de Carmen.
Unha noite Ofelia descubre as ruínas dun laberinto, nel atópase cun fauno, unha extraña criatura que lle fai unha increíble revelación.
Obtivo 3 Oscar: á mellor direción artística, maquillaxe e mellor fotografía e 7 Goyas: á mellor fotografía, maquillaxe, efectos especiais, son, montaxe, actriz revelación e guión orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario