
No fantástico mundo do bosque animado coñécese a xente que se transportou a ese sitio por unha forza máxica. Un bandido, un poceiro, unha rapaza que traballa, un rapaz que non quere traballar, una rapariga que emigra, unha pantasma que procura compañía... Estes, e moitísimos personaxes máis, constitúen o diverso panorama que imos descubrindo entre as árbores do bosque animado. As súas pequenas historias compoñen un tecido ao mesmo tempo humano e vexetal, crúzanse, entrelazanse , e é dificil chegar ás súas raíces, saber cando empezan e onde rematarán.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario