9 dic 2009

El fantasma de la Opera


Dise que nos pasadizos e corredores subterráneos que existen no edificio da maxestuosa Ópera Garnier de París, construído a mediados do século XIX sobre unha antiga zona pantanosa e abandonada, habita unha pantasma. Todos os que non frecuentan a Ópera ou traballan alí ríense cando escoitan a historia. O mesmo fan os novos propietarios cando no acto da compravenda os antigos donos lles advirten da existencia da pantasma. A risa vólvese horror cando comezan a recibir cartas da suposta pantasma, nas que lles plantexa un cambio. A pantasma está namorada de Christine, unha prometedora cantante eclipsada pola gran diva Carlotta, e amenaza con provocar catástrofes sen límite si Christine non substitúe a Carlotta no escenario.Os propietarios néganse a aceptar esa chantaxe, pero dous extraños accidentes que sufre Carlotta acaban por colocar a Christine como prima donna da Ópera de París. A pantasma saborea o seu triunfo, pero Christine está prometida a Raúl,un militar de carreira con parentes nas altas esferas e con un futuro halagüeño por diante…

El fantasma de la ópera en wikipedia

No hay comentarios.: