9 dic 2009

Moby Dick



Esta película trata do capitán Ahab que está ó mando dun barco baleeiro o ``Pequod´´, un bergantín cuxos pescantes son de óso de balea. A súa vida ocorre nunha entre ponte e s´´só sae polas noites. Para a maioría da tripulación e só unha pantasma cunha perna de pau cuxos pasos retumban na cuberta.

O navío sae á caza de baleas pero ó cabo duns días, os novos tripulantes enteranse de que Ahab ten unha maníaca obsesión, que é matar a unha balea branca que fai anos lle arrancou unha perna. A balea branca é unha do tipo do cachalote asasino.

Por eso Ahab ten unha perna de pau, coa que golpea fortemente a cuberta do barco ó andar. O seu odio contra a balea é tan grande que está disposto a sacrificar a súa vida, a dos seus homes e o barco enteiro para matar a Moby Dick. Sen embargo, o carisma e a forza dos seus sentimentos é tan poderosa que impregna a tripulación coas súas conviccións.

Cando se entera de que a balea podería estar ó seu alcance, fai os cambios necesarios para perseguila e darlle morte.






No hay comentarios.: