
Baseada na novela homónima de Miguel Delibes.
A Rafael Corral, novo deputado socialista, comunícanlle a repentina morte do seu amigo Víctor Velasco. Malia que lle aconsellan non ir ao enterro por motivos políticos, el decide asistir. No cemiterio coincide con Laly, unha antiga compañeira coa que recorda a personalidade do seu amigo desaparecido e a historia que compartiron con el durante as eleccións de 1977.
Víctor Velasco, na súa campaña para o Senado, incluíra na súa ruta de visitas electorais os pobos da alta serra burgalesa. Nun deles tropeza co señor Cayo, un vello apegado á terra, á que ama e da que vive. O encontro significou para o novo político un revulsivo, xa que por primeira vez escoita a voz da sabedoría popular. O candidato para o senado decátase, de pronto, de que o Sr. Cayo di a verdade.
El disputado voto del Sr.Cayo en TodoCine.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario