8 abr 2010

El señor Ibrahim y las flores del corán

O señor Ibrahim e as flores do Corán é unha narración austera e conmovedora da relación que establece un cativo xudeu abandonado polo seu pai e un vello musulmán (Omar Sharif, nun papel feito á súa medida) que rexenta unha tenda de barrio. O filme, dirixido por Dupeyron, fálanos da diversidade racial, da comprensión cara ao outro, da tolerancia.
A acción está situada nun pasado non moi remoto, uns corenta anos atrá, cando o taciturno Momo, o neno que habita nunha zona de París na que pululan prostitutas, chulos e outras aves nocturnas, vai descubrindo a personalidade dese señor, Ibrahim. Para el é tan só o árabe (aínda que en realidade non o sexa: naceu no interior dunha Turquía que terá un papel trascendental na culminación da historia), pero acabará sendo un verdadeiro pai. Efectivamente, o que o filme vai mostrando con primor e un tempo levemente pausado, é que Ibrahim terá un peso moito maior na educación afectiva e humana de Momo que o seu proxemitor.
Película de aprendizaxe, pois, O señor Ibrahim é tamén un discuso como forza de poder: Ibrahim vai gañando lentamente o corazón de Momo non porque se trate dun home relixioso, senón porque sabe conformarse co que a vida lle dá e porque soubo domesticar os seus impulsos e adaptar as ensinanzas do Corán á súa propia vida. Deste xeito a película, narrada en rigoroso punto de vista subxectivo por Momo, vai amosando o proceso de humanización dun neno solitario e taciturno, asaltado polos sus desexos e ansioso de agarimo e recoñecemento.

El señor Ibrahim y las flores del Corán en Wikipedia.

No hay comentarios.: